Versión en castellano
Inicio
Concello de Frades
O Concello de Frades pon en marcha un programa gratuíto de acompañamento para persoas maiores que vivan soas
Mércores, 09 Outubro 2019 17:51

O Concello de Frades vén de poñer en marcha un novo servizo gratuíto de acompañamento para persoas maiores que vivan soas. “A idea é facilitar ás persoas maiores que vivan soas un servizo de acompañamento a domicilio cando o soliciten para asesoralas en calquera trámite administrativo, información sobre axudas ou bonificacións ás que teñen dereito, alerta diante de posibles estafas ou timos aos que poidan estar expostas... e, en xeral, para calquera consulta que elas requiran”, explica o alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez.

 
Publicadas as bases definitivas para a selección de alumnado-traballador/a e persoal do obradoiro de emprego Brañas do Illó-Río Samo II
Martes, 08 Outubro 2019 00:00
Os Concellos de Frades, Mesía e Ordes promoven o obradoiro de emprego "Brañas do Illó-Río Samo II", que terá lugar ao longo de 9 meses nas especialidades: actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e repoboación forestais e tratamentos silvícolas. Un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade de 20 persoas desempregadas. Os tres concellos veñen de asinar as bases para a selecicón do alumnado-traballador/a e do persoal do obradoiro, que podes consultar premendo aquí.
 
A Xunta concede unha subvención de 336.446 euros para a posta en marcha do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó-Río Samo II
Xoves, 03 Outubro 2019 00:00

obradoiroslogoOs Concellos de Frades, Mesía e Ordes porán en marcha nas próximas semanas o Obradoiro de Emprego Brañas do Illó-Río Samo II, despois de que a Consellería de Economía, Emprego e Industria concedera unha achega de 336.446 euros para a súa realización. Un obradoiro que formará a 20 alumnos e alumnas nas especialidades: Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas.

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL