Versión en castellano
Inicio
Concello de Frades
O Concello de Frades realiza un curso sobre manipulación de alimentos
Mércores, 21 Agosto 2019 00:00

20190821_cursomanipulacionalimentos_frades (1)O Concello de Frades desenvolveu un curso de manipulación de alimentos en colaboración coa ONG Mestura. Esta iniciativa permitiulles ás persoas que participaron facerse cos coñecementos necesarios para as tarefas de preparación, fabricación, transformación, envasado, transporte, distribución, venda, subministración, servizo ou calquera outro proceso polo que pase un alimento.

 
Unhas sesenta persoas participan na excursión municipal de Frades a Viveiro
Luns, 12 Agosto 2019 00:00

20190812_excursionviveiro (1)Un total de 57 persoas participaron esta fin de semana na excursión municipal do Concello de Frades á localidade de Viveiro, en Lugo. No seu percorrido, visitaron o Museo do Mar, a feira e festa da Maruxaina e a Praza Maior da vila. Despois de xantar, acudiron ao Miradoiro de San Roque e tiveron ocasión de coñecer a réplica da Gruta de Lourdes existente en Viveiro.

 
O equipo GafoiAiazo vence no Torneo de Fútbol 7 Concello de Frades 2019
Luns, 12 Agosto 2019 00:00

20190812_futbo7frades 1O equipo GafoiAiazo é o gañador do Torneo de Fútbol 7 do Concello de Frades 2019. Impúxose na final da competición ao conxunto de Veteranos do Ponte Carreira cun resultado de 3-1.

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL