Versión en castellano
Inicio
Concello de Frades
O Concello de Frades pídelle á Deputación da Coruña que axilice a roza das estradas provinciais que atravesan o municipio
Venres, 12 Xullo 2019 00:00

EstradasProvinciaisFradesO alcalde do Concello de Frades, Roberto Rey Martínez, púxose en contacto co persoal técnico da Deputación Provincial da Coruña para pedirlles que axilicen a roza nas estradas provinciais DP-3802 Ordes-Ponte Carreira e DP-3801 Sigüeiro-Cimadevila. Rey Martínez explica que “a maleza impide ver correctamente algúns dos sinais de tráfico e a case inexistente beiravía fai moi perigoso o tránsito de persoas por estas estradas provinciais”.

 
Unha quincena de veciños e veciñas de Frades participan nun curso gratuíto de manexo de móbiles e tabletas
Xoves, 11 Xullo 2019 00:00

CursoMobilesFradesUnha quincena de veciñas de Frades participan estes días nun curso gratuíto de manexo de móbiles e tabletas organizado polo Concello de Frades e a ONG Mestura. Un curso de seis sesións que teñen lugar na renovada Aula de Informática de Frades, emprazada no multiúsos.

 
O XVI Campionato Municipal de Pesca Infantil do Concello de Frades reuniu a preto de sesenta veciños e veciñas
Martes, 09 Xullo 2019 18:45

CampionatoPescaA edición número dezaseis do Campionato Municipal de Pesca Infantil de Frades reuniu esta fin de semana a preto de sesenta veciños e veciñas, de entre eles uns trinta nenos e nenas menores de 16 anos que tomaron parte do torneo. Un campionato que este ano cambiou de emprazamento, deixando a tradicional área recreativa do Muíño de Campoduro (Céltigos) pola área recreativa da piscina municipal (Papucín).

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL