Versión en castellano
Inicio
Concello de Frades
O Concello de Frades e Cáritas inician mañá martes a quinta campaña de Nadal de recollida de alimentos para familias necesitadas
Luns, 10 Decembro 2018 00:00

O Concello de Frades, en colaboración con Cáritas, porá en marcha mañá martes unha recollida de alimentos para as familias necesitadas do municipio. A campaña, que se organiza por quinto ano consecutivo e estará aberta ata o vindeiro 12 de xaneiro, busca recoller alimentos básicos: leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas... que non estean caducados, non teñan superado a data de consumo preferente e estean debidamente etiquetados.

 
O alcalde de Frades reúnese en Fomento para avanzar no proxecto de acondicionamento e mellora da N-634, valorado en 350.000 euros
Venres, 30 Novembro 2018 00:00

PonteCarreiraO alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, vén de reunirse con responsables do Ministerio de Fomento para avanzar na xestión do proxecto de acondicionamento e mellora da antiga estrada N-634, ao seu paso polo núcleo de Ponte Carreira. “Trátase dun proxecto valorado nuns 350.000 euros e que inclúe o arranxo da antiga estrada N-634 ao seu paso por Ponte Carreira, así como a construción dunha senda peonil onde rematan as beirarrúas”, explica Roberto Rey. Pola súa banda, o Concello de Frades asumiría a titularidade da estrada.

 
Unha vintena de veciños e veciñas de Frades infórmanse sobre os riscos nas redes sociais, compras en Internet e xogos en liña
Martes, 20 Novembro 2018 14:13

CharlaConsumoRedeUn total de 23 veciños e veciñas de Frades participaron na charla “Consumo na rede: hábitos, actitudes e comportamentos”, organizada polo Concello de Frades e a Escola Galega de Consumo. Unha charla de acceso gratuíto e na que, durante unha hora, formadores do Programa Cores, educación para o consumo responsable fixeron unha aproximación aos problemas do consumo na rede, achegando consellos e recomendacións fronte aos riscos que poden presentarse nas redes sociais, nas compras na Internet, nas descargas de APP e nos xogos e apostas en liña.

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL