Versión en castellano
Inicio
Concello de Frades
Selección de 5 traballadores/as desempregados/as mediante o Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña
Luns, 21 Maio 2018 00:10

O Concello de Frades informa da convocatoria do proceso selectivo para a contratación de un tractorista e catro peóns de obra pública ao abeiro das bases do Programa de Integración Laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes anualidade 2018 (BOP nº 41 de 28 de febreiro de 2018) da Deputación da Coruña.

 
O Concello de Frades abre as inscricións na XX Festa dos Nosos Maiores, que terá lugar o sábado 26 de maio na carballeira de San Nicolao
Venres, 18 Maio 2018 00:00

O Concello de Frades abre o prazo de inscrición na XXI Festa dos Nosos Maiores, que terá lugar o vindeiro sábado 26 de maio na carballeira de San Nicolao e que contará coa presenza do alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, da corporación municipal e dun representante da Xunta de Galicia, aínda por confirmar. Unha festa á que están convidados todos os veciños e veciñas de máis de 60 anos e que estean empadroados en Frades, así como as súas parellas.

 
O Concello de Frades celebra as Letras Galegas con dous concertos musicais para o alumnado do CPI Ponte Carreira
Martes, 15 Maio 2018 00:00

O Concello de Frades conmemora as Letras Galegas programando dous concertos musicais para alumnado do Colexio Público Integrado (CPI) da Ponte Carreira. A programación organizada polo Concello inclúe unha actuación de ‘Pakolas’ o 21 de maio e outra de ‘O son que me arroupa’ o 1 de xuño.

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL