Versión en castellano
Inicio
Concello de Frades
O Concello de Frades organiza unha charla informativa sobre sucesións e herdanzas
Mércores, 20 Marzo 2019 11:42
O Concello de Frades organiza unha charla informativa sobre sucesións e herdanzas, que terá lugar o vindeiro venres 29 de marzo, de 16:00 a 18:00 horas, no multiúsos de Frades. A participación é totalmente de balde, se ben é preciso inscribirse previamente na casa do concello ou chamando ao teléfono 981 695 567.
 
Comeza en Frades a terceira edición do Curso de Poda e Enxertos con 20 veciños e veciñas participantes
Xoves, 14 Marzo 2019 00:00
CursoPodaEnxertosUn total de 20 veciños e veciñas participan na terceira edición do Curso de Poda e Enxertos, organizado polo Concello de Frades. Un curso de 28 horas de duración, 20 prácticas e 8 teóricas, no que o alumnado aprenderá técnicas de poda de especies froiteiras, ornamentais e forestais, así como os distintos métodos de propagación/multiplicación de plantas: sementes, enxertos, estacaxe, porbaixa etc. As clases teñen lugar todos os sábados, as primeiras teóricas no multiúsos de Frades, mentres que as prácticas serán na leira municipal.
 
Comezan as obras de acondicionamento da planta inferior do edificio multiúsos de Frades
Martes, 12 Marzo 2019 00:00

ObrasMultiusosO Concello de Frades vén de iniciar as obras de acondicionamento da planta inferior do edificio multiúsos de Frades, adxudicadas á empresa Grumar Tradin SL por 57.637,35 euros e que se prevé que estean rematadas o vindeiro mes de abril. Ata entón, o museo de apeiros tradicionais de Frades permanecerá pechado, xa que as obras inclúen o seu traslado á planta superior e o acondicionamento do espazo actual do museo para albergar unha biblioteca, unha aula de informática e unha aula multiúsos.

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL