Versión en castellano
Inicio
Concello de Frades
Frades acolleu o II Memorial Marcial Ramil Hermida, proba de cans de parada da Federación Galega de Caza na Coruña
Luns, 12 Marzo 2018 18:08
caza2018webO tecor de Frades acolleu esta fin de semana a segunda edición do Memorial Marcial Ramil Hermida, proba de cans de parada da Federación Galega de Caza na Coruña. Unha competición sobre perdiz sementada sen morte e puntuable para a Copa Galicia. O tenente de alcalde de Frades, Manuel Ferreiro Marzoa, foi o encargado de entregar os premios da proba, onde aproveitou para agradecer á Federación Galega de Caza e á Sociedade de Caza de Frades o seu traballo na organización deste memorial.
 
Un cento de persoas conmemoraron o Día da Muller no CPI Ponte Carreira participando na iniciativa “Retrato de Muller”
Xoves, 08 Marzo 2018 18:00

RetratoMullerwebUn cento de persoas, entre alumnado e profesorado, participaron esta mañá na exposición “Retrato de Muller”, unha iniciativa para poñer en valor a figura da muller organizada polo Concello de Frades en colaboración co CPI Ponte Carreira e Servizos Integrais de Formación (SIF). “Retrato de muller” é unha iniciativa que pretendía que o alumnado de Infantil e Primaria reflexionase sobre o papel que xogan as mulleres no desenvolvemento da súa propia vida e na súa comunidade.

 
8M Día Internacional da Muller. O Concello de Frades #PoloBoTrato
Xoves, 08 Marzo 2018 15:18

cartelfrades8mwebDía 8 de Marzo, día Internacional da Muller. Dende o Concello de Frades queremos tamén amosar o noso compromiso coa non discriminación por razón de xénero e o noso apoio na loita contra a violencia exercida cara as mulleres. Non queremos tampouco esquecernos de tantas mulleres que loitaron por acadar logros importantes como o dereito feminino ao voto, a incorporación da muller ao traballo, a igualdade de oportunidades no eido educativo ou os dereitos laborais, entre outras batallas que se teñen librado en torno aos dereitos das mulleres.

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL