Versión en castellano
Inicio
Concello de Frades
O Concello de Frades organiza dúas novas etapas do Camiño, nesta ocasión entre Fisterra e Muxía
Mércores, 23 Xaneiro 2019 00:00

CartelFisterraO Concello de Frades organiza dúas novas etapas dentro do seu percorrido polos distintos itinerarios xacobeos existentes en Galicia que xa levou a unha media de cen veciños e veciñas do municipio a percorrer case 250 quilómetros en 11 etapas que teñen lugar os sábados, sempre que a climatoloxía o permita. Se entre outubro de 2017 e maio de 2018 percorreron os 159 quilómetros do Camiño Francés entre O Cebreiro e Compostela; e entre os meses de outubro a decembro de 2018 percorreron os 90 quilómetros entre Santiago e Fisterra; agora o Concello de Frades convoca dúas novas etapas para percorrer os 33 quilómetros existentes entre Fisterra e Muxía.

 
Máis de cincocentas persoas reciben a Melchor, Gaspar e Baltasar en Frades
Venres, 04 Xaneiro 2019 00:00

CReisFradesMáis de cincocentas persoas participaron esta tarde na cabalgata e festa de Reis organizada polo Concello de Frades. A diferenza do ano pasado, o tempo acompañou, polo que a cabalgata non só puido desenvolverse sen ningún problema senón que moita da rapazada e dos seus pais fixeron a pe o camiño dende o centro de Ponte Carreira ata o polideportivo municipal.

 
Os Reis Magos chegarán mañá venres a Frades e farán a cabalgata polas rúas de Ponte Carreira montados nun tren turístico
Xoves, 03 Xaneiro 2019 00:00

ReisFrades2018duasOs Reis Magos chegarán mañá venres 4 de xaneiro a Frades, onde ás 16:00 horas participarán nunha cabalgata polas rúas de Ponte Carreira e despois participarán nunha gran festa de Reis no polideportivo municipal ata as 20:00 horas. Como novidade, as súas Maxestades deixarán a un lado os camións das pasadas edicións e chegarán este ano a Frades a bordo dun tren turístico, co que percorrerán as rúas de Ponte Carreira ata o pavillón polideportivo municipal.

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL