Menú
| ACTIVIDADES CONCELLO DE FRADES 2011-2012 |
| Venres, 21 Outubro 2011 08:26 |
|
Comezan as actividades Outono - Inverno 2011-2012 no Concello de Frades. O prazo de inscrición abrirá o luns 24 de outubro, e poderán anotarse, así como pedir mais información nos teléfonos do concello 981695567 / 981695663. Todas as actividades levaranse a cabo só no caso de xuntarse un grupo mínimo. Entre todas as actividades podemos atopar cursos e obradoiros gratuítos para adultos ocupados, activades con custo para nenos, xóvenes e adultos, escolas deportivas e moitos mais. Todos os veciños e veciñas do noso concello poden acudir os centros sociais das parroquias equipados con aparellos de ximnasia, mobiliario, televisión e xogos de mesa, e as actividades que nestes locais se realizan de forma gratuíta son ximnasia a través do xogo e manualidades. Poden consultar as actividades asi como os precios e grupos mínimos de cada curso no seguinte enlace: |