Menú
| DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO |
| Mércores, 30 Novembro 2011 12:04 |
|
Pinche na foto para ver pantalla completa.
O venres día 25 de novembro tivo lugar no Multiusos municipal de Frades, unha charla informativa sobre a Violencia de Xénero, así como a presentación do C.I.M., Centro de Información a Muller, un servizo que recentemente foi mancomunado. En esta charla explicaronse os diferentes servizos que este centro ofrece, como información xurídica, atención picolóxica, información sobre os recursos existentes na zona e calquera outra actividade que poida mellorar a igualdade entre homes e mulleres. Tras esta charla, tivo lugar outra impartida por o persoal da Guardia Civil, na cal se informou sobre a prevención de ameazas para a seguridade dos maiores (timos, estafas, roubos,...). |
