|
EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA |
|
Luns, 02 Abril 2012 16:32 |
|
Ponse en coñecemento de tódolos veciños e veciñas interesados que a partir do mércores 4 de abril de 2012 estará o PXOM en período de exposición pública no Concello.
|
|
Ler máis...
|
|
OS VECIÑOS DE FRADES PREPÁRANSE PARA OBTER O GRADUADO EN ESO |
|
Mércores, 21 Marzo 2012 14:10 |
|

Este mes de marzo comezaron as clases do curso de preparación aos exames para a obtención do graduado en Ecuación Secundaria Obrigatoria(ESO). Este curso formativo prepara aos alumnos e alumnas nas diferentes materias obrigatorias para presentarse aos exames de obtención do título de graduado en ESO que convoca tódolos anos a Consellería de Educación, e supoñen máis oportunidades laborais para aqueles que logran a obtención do título. Dado a elevada porcentaxe de aprobados obtidos o ano anterior, o Concello segue a promover dita iniciativa en colaboración co Concello de Mesía. |
|
REMATADOS OS CURSOS DE INFORMÁTICA |
|
Mércores, 21 Marzo 2012 14:05 |
|

Acaba de rematar o Curso de Informática aplicada a explotacións agrarias que se estaba a levar a cabo na Aula de Informática do Concello. Os veciños e veciñas aprenderon a aplicar as novas tecnoloxías para mellorar a xestión das súas explotacións e consecuentemente a súa competitividade no mercado do sector primaria. Anteriormente a este curso realizouse outro sobre informática básica, no que se tivo en conta o nivel de coñecementos individual de cada alumno/a. |
|
INAUGURADA A RENOVADA TRAVESÍA DE ABELLÁ |
|
Martes, 13 Marzo 2012 14:40 |
|
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, supervisou a nova travesía de Abellá (Frades), executada pola Xunta de Galicia. Previamente mantivo unha reunión co alcalde deste municipio coruñés, Miguel Prado Patiño, co fin de tratar diferentes proxectos para o concello. Nestes actos tamén estivo presente a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
|
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL |