Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
Sesenta veciños e veciñas de Frades participan nunha excursión ao Ézaro e Muros
Luns, 13 Agosto 2018 17:34

VisitaFradesEzaroUn total de sesenta veciños e veciñas de Frades participaron esta fin de semana nunha excursión ao Ézaro (Dumbría) e Muros, organizada polo Concello de Frades. O tempo acompañou, polo que desfrutaron dunha xornada de ocio na que visitaron a fervenza do Ézaro e o seu miradoiro, percorreron as rúas da vila de Muros, repousaron na praia de San Francisco (Louro) e se achegaron a lugares máxicos coma o Monte Pindo. Unha viaxe na que estiveron acompañados polo alcalde, Roberto Rey Martínez.

 

Ler máis...
 
Xornada de portas abertas en Cerámica Verea
Venres, 10 Agosto 2018 08:37
A empresa Cerámica Verea convida a todos os veciños e veciñas de Frades a unha xornada de portas abertas nas súas instalacións, que terá lugar o vindeiro 15 de setembro. As prazas son limitadas. A partir da vindeira semana xa se poden reservar por teléfono (981 687 053) ou por correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ).
Os horarios de visitas son pola mañá (de 11:00 a 13:00 horas) e pola tarde (de 16:00 a 18:30 horas). Comezan cada quince minutos e en total cada visita dura uns 50 minutos. Esta iniciativa permite coñecer o proceso de produción dunha das empresas máis significativas da comarca, que nos últimos anos deu grandes pasos na súa internacionalización e exporta xa máis da metade das tellas que produce.

xornadaportasabertasA empresa Cerámica Verea convida a todos os veciños e veciñas de Frades a unha xornada de portas abertas nas súas instalacións, que terá lugar o vindeiro 15 de setembro. As prazas son limitadas. A partir da vindeira semana xa se poden reservar por teléfono (981 687 053) ou mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Ler máis...
 
A Mancomunidade de Ordes abre o prazo de inscrición para participar no programa Galeuropa de mobilidade xuvenil
Luns, 23 Xullo 2018 11:53

cartelprogramagaleuropaA Mancomunidade de Ordes vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para o programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa 2018. Nesta edición ofértanse un total de 20 prazas para tres países. Máis concretamente, 5 prazas para Holanda, outras tantas para Itali e 10 para Reino Unido.

Ler máis...
 
A piscina de Frades acolle este sábado o “Día do/a Neno/a” con inchables, xogos, tren turístico, merenda e festa da escuma
Xoves, 05 Xullo 2018 00:00

diadoneno2015webA renovada piscina municipal de Frades acollerá este sábado 7 de xullo, a partir das 16:00 horas, a celebración do “Día do/a Neno/a”, organizado polo Concello de Frades. Unha gran festa que este ano cumpre a súa décima edición e na que os rapaces e rapazas volverán dispoñer, de xeito totalmente gratuíto, de inchables (acuáticos e de terra), xogos populares, tren turístico, merenda co obradoiro “Ponlle as pilas ao teu bocata”, lambonadas, festa da escuma e moitas sorpresas.

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL