Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
O Concello de Frades homenaxea a Asunción López Oubel, veciña da parroquia de Vitre que vén de cumprir 100 anos
Venres, 28 Xuño 2019 00:00

CentenariaVitreO Concello de Frades vén de homenaxear á súa veciña Asunción López Oubel, da parroquia de Vitre, con motivo do seu cen aniversario. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez; a concelleira de Servizos Sociais, Ángeles Álvarez; o concelleiro de Cultura, Jesús Miguel Prado Cea; e o deputado autonómico Miguel Prado Patiño desprazáronse ata a vivenda de Asunción para entregarlle unha placa conmemorativa e un ramo de flores.

Ler máis...
 
Frades e Mesía poñen en marcha un programa de voluntariado para dinamizar o seu patrimonio cultural nas redes sociais
Xoves, 27 Xuño 2019 14:48

CursoFradesRedeeOs Concellos de Frades e de Mesía poñen en marcha unha iniciativa de voluntariado para dinamizar o patrimonio de ambos os municipios a través dun proxecto integrado que combina formación en aula e coñecemento do medio natural, con itinerarios de campo e facendo un uso intensivo das tecnoloxías da información e a comunicación. Unha iniciativa gratuíta na que poderán participar 20 rapaces e rapazas de Frades e Mesía, que deberán anotarse nos Concellos de Frades (981 695 567) e Mesía (981 687 001) antes do 15 de xullo. A admisión realizarase por rigorosa orde de anotación.

Ler máis...
 
Medio Rural remata o acondicionamento da planta baixa do edificio multiúsos de Frades como biblioteca e aula de informática
Mércores, 26 Xuño 2019 00:00

VisitaMultiusosA Consellería do Medio Rural vén de rematar as obras de acondicionamento do edificio multiúsos do concello de Frades como biblioteca, aula de informática e aula para actividades. As actuacións levadas a cabo enmárcanse nun proxecto senlleiro que xestionou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), ente adscrito a esta Consellería, e que contaron cunha achega de 40.000 euros, mentres que o Concello de Frades achegou os 17.637,35 euros restantes.

Ler máis...
 
A piscina municipal de Frades abrirá as súas portas este venres 21 de xuño
Mércores, 19 Xuño 2019 00:00

PiscinaInfantilPapucinwebA piscina municipal de Frades, emprazada na parroquia de Papucín, abrirá este venres 21 de xuño as súas portas para a campaña de verán. Unha campaña na que se manterá o horario aumentado o pasado ano, de forma que o acceso á piscina será totalmente libre e de balde de luns a venres, en horario de 15:30 a 20:30 horas, e os sábados e domingos, de 13:30 a 20:30 horas. Ademais de piscina de adultos e para crianzas, os usuarios das instalacións poderán desfrutar tamén dunha pista de pádel, dun parque infantil e dunha ampla zona de merendeiro, ampliada o ano pasado.

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL