Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
Roberto Rey toma posesión como alcalde de Frades comprometéndose a mellorar os servizos sociais e promover a creación de emprego
Sábado, 15 Xuño 2019 00:00

1TomaPosesionFradesRoberto Rey Martínez tomou posesión como alcalde de Frades para os vindeiros catro anos durante un acto celebrado esta tarde nun salón de plenos cheo ata a bandeira. “A ver se a xente se anima e vén máis ao resto de sesións”, apuntou Rey Martínez tras ser elixido alcalde cos 7 votos a favor do Partido Popular, mentres que os 3 concelleiros do PSOE apoiaron o seu candidato, Enrique Astray, e o concelleiro do BNG, Manuel Míguez, se votou a si mesmo.

Ler máis...
 
O Concello de Frades adquire dous desfibriladores para as actividades deportivas e organiza cursos de primeiros auxilios
Martes, 18 Xuño 2019 13:23

DesfibriladorAbellaO Concello de Frades vén de mercar dous desfibriladores para as actividades deportivas que se desenvolven no municipio. Un deles estará emprazado nas instalacións do campo de fútbol do Vedral (Abellá) e o outro estará durante o verán na piscina municipal de Frades e despois nas instalacións da SD Ponte Carreira. Así mesmo, o Concello de Frades porá en marcha cursos de primeiros auxilios para as persoas vinculadas ao mundo do deporte no municipio: equipos de fútbol, socorristas, técnicos/as, monitores/as de deporte...

Ler máis...
 
Centos de persoas participaron na clausura das escolas culturais e deportivas de Frades
Martes, 11 Xuño 2019 00:00

EscolasFradesTodos

O Concello de Frades celebrou esta fin de semana o acto de clausura das súas escolas deportivas e culturais municipais 2018-2019 cunha festa por todo o alto á que acudiron numerosos veciños e veciñas, que se sumaron ás 150 persoas participantes nas escolas deportivas. O programa comezou cunha exposición dos traballos realizados polo alumnado dos obradoiros de debuxo e pintura, seguida dun divertido partido de fútbol sala entre pais e nais contra os benxamíns-alevíns.

Ler máis...
 
O Concello de Frades e a ONG Mestura organizan dous cursos gratuítos para veciñas do municipio ao abeiro do Programa Neneiras
Mércores, 05 Xuño 2019 10:38

coidadocoidadoraO Concello de Frades e a ONG Mestura colaborarán, por segundo ano consecutivo, na organización conxunta de dous cursos gratuítos ao abeiro do programa “Neneiras”, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade para promover a igualdade e a integración social das mulleres do rural. Os dous cursos, de coidado da coidadora e de manexo de móbiles, terán lugar no edificio multiúsos de Frades neste mes de xuño de 2019, nun horario aínda por confirmar. A asistencia é de balde, se ben é preciso anotarse previamente no Concello de Frades ou chamando ao teléfono 981 695 567.

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL