Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
A XXII Festa dos Maiores do Concello de Frades reuniu hoxe a máis de 550 veciños e veciñas na carballeira de San Nicolao
Sábado, 25 Maio 2019 00:00

Festamaiores2019Máis de 550 veciños e veciñas participaron na XXII Festa dos Maiores de Frades, celebrada como todos os anos o derradeiro sábado de maio na carballeira de San Nicolau (Frades). Un acto que estivo presidido polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez; e polo director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa. Ambos estiveron acompañados polo deputado autonómico Miguel Prado Patiño, polo fillo predilecto do Concello de Frades, José María Botana; e por concelleiros e concelleiras dos distintos grupos municipais.

Ler máis...
 
O Concello de Frades homenaxeou aos oito veciños e veciñas de máis de 90 anos que asistiron á XXII Festa dos Maiores
Martes, 28 Maio 2019 13:54

FestaMaioresO Concello de Frades homenaxeou aos veciños e veciñas de máis de 90 anos que participaron este sábado na XXII Festa dos Maiores. Un acto no que recibiron unha placa conmemorativa de mans do alcalde, Roberto Rey, e dos concelleiros da Terceira Idade, Jesús Francos; Servizos Sociais, Ángeles Carro; Ensino, Manuel Ferreiro; e Medio Ambiente, Juan Carlos Portos.

Ler máis...
 
Selección de 6 traballadores/as desempregados/as mediante o Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña
Luns, 20 Maio 2019 14:47

O Concello de Frades informa da convocatoria do proceso selectivo para a contratación dun tractorista e 5 peóns de obra pública ao abeiro das bases do Programa de Integración Laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes anualidade 2019 (BOP nº 26 de 6 de febreiro de 2019) da Deputación da Coruña.

Ler máis...
 
Os infantís das Escolas Deportivas de Frades proclámanse campións da Fase Zonal do Torneo Intercomarcal de fútbol sala base
Martes, 09 Abril 2019 00:00

CampionsFradesO equipo infantil das Escolas Municipais de Fútbol Sala do Concello de Frades proclamáronse, por segundo ano consecutivo, campións da Fase Zonal de Santiago do Torneo Intercomarcal de fútbol sala base, disputado esta pasada fin de semana no pavillón do Monte dos Postes (Santiago). Unha vitoria que fai que a rapazada fradense sexa un ano máis quen represente ás comarcas de Ordes e Santiago na Fase Provincial, que se xogará o vindeiro mes de maio nunha sede aínda por confirmar.

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL