Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
XIV MARATON DE FUTBOL
Martes, 16 Agosto 2011 11:41

IMG_0025.jpgmaraton

O domindo día 14 de agosto, tuvo lugar no campo municipal de futbol de Abellá o XIV maratón de futbol, que comenzou as 10:00 da maña e rematou as 21:00 horas. Con un total de 10 equipos participantes, realizaronse tres grupos: un de catro e dous de tres, pasando para as semifinais os campión de grupo e o mellor segundo. As semifinais foron as seguintes. 1ª semifinal: Papucín-Paboi, e a 2ª semifinal: Ledoira-Abellá, chegando así a final os equipos de Papucín e Ledoira. A victoria final foi acadada por o equipo de Papucín, nun disputadísimo encontro con un resultado final de 1-0.

Ler máis...
 
III CAMPIONATO DE PADEL
Martes, 16 Agosto 2011 11:26

DSC_1150.jpgpadel

O sábado día 13 de agosto disputouse na pista de padel, situada na piscina municipal de Papucín, o III campionato de Padel. Participaron un total de 10 parellas, das cales pasaron as semifinais, Raúl e David, contra Juan Carlos e Javier, e por outra banda José e Toño, contra Ivan e Jamie. A gran final foi disputada por Raúl e David, contra José e Toño, na que tras un reñido encontro resultaron gañadores Raúl e David, con un resultado final de 6-3, 3-6, 6-2.

Ler máis...
 
XIV MARATON DE FUTBOL MUNICIPAL
Martes, 09 Agosto 2011 12:23

O vindeiro domingo 14 de agosto, celebrarase o XIV Maraton de futbol, no campo municipal de Abellá, sendo a súa hora de comezo as 10:00 da mañá. O maraton conta con un total de 10 equipos pertencentes a este termo municipal. Serán un grupo de 4, e dous grupos de 3, pasando para as semifinais os tres primeiros clasificados de cada grupo e o mellor segundo.

Haberá entrega de trofeos para todos os participantes, asi como para o máximo goleador e o porteiro menos batido (Zamora).

Mais información, nos telefonos do concello.l

 
III CAMPIONATO DE PADEL
Martes, 09 Agosto 2011 12:16

O día 13 de agosto, apartires das 15:30 horas da tarde, realizarase un campionato de Padel, na piscina municipal de Papucín. A inscripción pode realizarse na mesma piscina ou chamando os números do concello, antes do día 10 de agosto.

Haberá trofeos para os campións e subcampións. Máis iformación nas oficinas do concello

 
« InicioAnterior171172173174175176177178179180SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL