Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
DÍA DA BICICLETA
Martes, 09 Agosto 2011 12:08

O sábado día 13 de agosto as 11:00 da maña, celebrase no concello de Frades o día da bicicleta. Realizarase un circuito polos diferentes lugares Concello, adaptándose as distintas idades. Para os mais cativos, realizarase un circuito por a praza de Ponte Carreira, donde poderan demostrar as suas habilidades, e para os adultos farase un percorrido por o Concello, saíndo da praza da Ponte Carreira,e pasando por os seguintes puntos, Area recreativa "Os Pasos" de Aiazo, Casa do Concello, Capela de San Roque, praia fluvial "A Presa" e rematado no mesmo punto de saida. Contase co servizo de reparación.

Tras as rutas, os participantes podrán participar nos obradoiros "A bicicleta como medio de transporte" e "taller de reparación". Para finalizar realizarase un sorteo de material.

Para anotarse e recibir mais información contacten no número do concello.

 
INAUGURACIÓN DA PISTA POLIDEPORTIVA DE AIAZO
Martes, 09 Agosto 2011 11:33

O sábado día 6 celebrouse unha ruta de senderismo, de un total de 8km, organizada pola Asociación de Veciños Os Pasos de Aiazo, na que participaron os concelleiros Manuel Ferreiro e Agustín Rey.

Saíron do Local Social de Aiazo e fixeron un recorrido pola Ponte das Bestas, a Ponte Alajas e unha visita a antiga Maquía de Evaristo, situada na parroquia de Frades. Aproveitando o recorrido fixeron unha parada na Exposición Etnográfica, que se encontra no Multiusos "Jose María Botana" e regresaron cara Aiazo para acabar na Area Recreativa "Os Pasos".

Ata alí acercouse o Alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño, para inaugurar a recente Pista Polideportiva de Aiazo que está situada a carón da mesma area, e foi unha inversión do concello. Ademáis de eventos deportivos será onde se celebre a seguinte edición da Festa da Merenda.

DSC_1139.JPGinauguracion_pista_polideportiva DSC_1171.JPGinauguracion_pista_aiazo
SAIDA RUTA DE SENDERISMO    INAUGURACIÓN PISTA POLIDEPORTIVA
 
Actividades Verán 2011
Luns, 27 Xuño 2011 11:43

 

 

Xa están colgadas as actividades, excursións, viaxes e demais propostas do Concello para realizar este verán.

Ler máis...
 
A Xunta licita as obras de construción da depuradora da Ponte Carreira po 1,3 millóns de euros
Venres, 20 Maio 2011 16:23

O alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño, celebra a licitación por máis de 1,3 millóns de euros das obras de saneamento no núcleo de Ponte Carreira, anunciado hoxe pola Xunta de Galicia. Unhas obras que se acometerán a través dun convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Frades para dotar aos veciños dunha nova depuradora con capacidade para 600 habitantes, que incorporará unha planta de tratamento de lamas equipado cunha cámara centrífuga con capacidade para tratar todas as lamas procedentes do municipio fradense.

 

Ler máis...
 
« InicioAnterior171172173174175176177178179180SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL