Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
Manuel Rey Alvela e Carlos García Troncoso gañan o XI Campionato de Pádel do Concello de Frades
Luns, 09 Setembro 2019 00:00

PadelFradesCampionsFinalistasManuel Rey Alvela e Carlos García Troncoso proclamáronse campións da undécima edición do Campionato de Pádel do Concello de Frades, que tivo lugar na pista municipal de Frades e no que participaron seis parellas de xogadores.

Ler máis...
 
Máis de sesenta veciños e veciñas participan no Día da Bicicleta do Concello de Frades
Martes, 03 Setembro 2019 00:00

DiadaBiciFrades2019Máis de sesenta veciños e veciñas participaron no Día da Bicicleta do Concello de Frades, que tivo lugar esta pasada fin de semana. As persoas participantes tiveron ocasión de percorrer dous itinerarios diferentes, adaptados ás súas idades: un de 13 quilómetros de lonxitude para persoas maiores de 8 anos e outro de 3,5 quilómetros para os nenos e as nenas.

Ler máis...
 
Un total de 45 persoas participaron nos cursos de natación do Concello de Frades
Luns, 02 Setembro 2019 12:52

NatacionFradesUn total de 45 persoas, seis máis có ano pasado, participaron este verán nos Cursos de Natación organizados polo Concello de Frades. Unhas clases que tiveron lugar ao longo dos meses de xullo e agosto nas instalacións da piscina municipal de Frades, na parroquia de Papucín. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e os concelleiros de Deportes, Juan Carlos Portos Bra; Emprego, Jesús Miguel Prado Cea; e Piscina Municipal, Jesús Francos Sánchez, foron os encargados de entregar os correspondentes diplomas acreditativos ás persoas participantes.

Ler máis...
 
ANUNCIO do 16 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica a resolución de outorgamento da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Xanceda 7138
Venres, 30 Agosto 2019 07:38
O DOG de hoxe venres 30 de agosto de 2019 publica o anuncio do 16 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica a resolución de outorgamento da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Xanceda 7138. En cumprimento das obrigacións de publicidade, de transparencia e bo goberno, podes consultar a resolución neste enlace da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL