Versión en castellano
Inicio Novas Sesenta veciños e veciñas de Frades participaron nunha viaxe á Illa de Cortegada
Sesenta veciños e veciñas de Frades participaron nunha viaxe á Illa de Cortegada
Luns, 17 Setembro 2018 00:00

IMG-20180916-WA0001Sesenta veciños e veciñas de Frades participaron esta fin de semana nunha viaxe á Illa de Cortegada (Pontevedra) organizada polo Concello de Frades. Unha iniciativa na que cada participante escolleu como chegar á illa: os/as máis atrevidos/as optaron por ir e volver en kaiak, mentres que o resto o fixo en barco, realizando ambos grupos unha visita guiada por toda a illa de Cortegada.


Tras xantar en Carril, os veciños e veciñas de Frades visitaron as praias da ría de Arousa e finalizaron a excursión cunha visita á vila de Cambados. Na viaxe estiveron acompañados polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e polo concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra.

 

A próxima viaxe terá lugar esta próxima fin de semana e terá como destino Lisboa (Portugal). Tres días nos que máis de sesenta veciños e veciñas de Frades visitarán as vilas de Lisboa, Estoril, Cascais, Nazaré e Sintra, entre outras.