Versión en castellano
Inicio Novas Veciños e veciñas de Frades asisten a unha charla gratuíta sobre alzhéimer
Veciños e veciñas de Frades asisten a unha charla gratuíta sobre alzhéimer
Mércores, 26 Setembro 2018 16:47

CursoAlzheimerCase unha trintena de veciños e veciñas asistiron no multiúsos de Frades a unha charla gratuíta sobre o alzhéimer, organizada polo Concello de Frades e a ONG Mestura e financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade e a Unión Europea a través do Fondo Social Europeo. A relatora da ONG Mestura explicou ás persoas presentes non só os síntomas para detectar esta enfermidade e como tratar ás persoas enfermas, senón que fixo fincapé na necesidade de coidar das persoas coidadoras, que non só precisan descansar senón que deberían compartir a experiencia con outras persoas e manter actividades diferentes ás habituais.


Unha charla na que participou o concelleiro de Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa, quen amosou a súa satisfacción polo interese que espertan estas iniciativas e aproveitou para convidar ás persoas presentes a asistir á próxima charla: “Coñecendo o cancro: que debemos saber”.

 

Unha iniciativa organizada pola Xunta Local de Ordes da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), en colaboración co Concello de Frades, que terá lugar o luns 8 de outubro, ás 17:00 horas, no multiúsos. Unha charla que será impartida polo psicólogo da AECC Marcos Calvo. A asistencia será libre e gratuíta, tras inscrición previa no Concello de Frades (981 695 567 ou 981 596 663).