Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades celebra unha gran Festa de Nadal, cun concerto de María do Ceo, na que participaron máis de 70 persoas
O Concello de Frades celebra unha gran Festa de Nadal, cun concerto de María do Ceo, na que participaron máis de 70 persoas
Xoves, 27 Decembro 2018 00:00

FestaNadalFradesMáis de setenta persoas, entre adultos e crianzas, participaron na gran Festa de Nadal celebrada no multiúsos de Frades. Unha festa que contou coa actuación especial de María do Ceo, que presentou o seu disco “Cancións para nenas e nenos”, temas totalmente didácticos que falan sobre valores como a liberdade, a solidariedade, a igualdade ou a diversidade.


Despois de 45 minutos de concerto, os nenos e nenas de Frades desfrutaron dunha gran festa con música, xogos e obradoiros de Nadal a cargo de Duende Sico. Ademais, os pequenos recibiron a visita de distintas personaxes como Peppa Pig ou Chase, da “Patrulla canina”. A festa incluíu tamén unha merenda de balde para todos os nenos e nenas asistentes.

 

A programación especial de Nadal do Concello de Frades pecharase o vindeiro venres 4 de xaneiro coa cabalgata e festa de Reis, que terá lugar de 16:00 a 20:00 horas. Ás 16:00 sairá o desfile polas rúas de Ponte Carreira ata o pavillón polideportivo municipal onde, a partir das 17:00 horas, terá lugar unha gran festa con inchables, animación, bailes, canón de neve, xogos, obradoiros, mascotas, lambonadas e chocolate con roscón de reis para todas as persoas que asistan.