Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades saca a licitación obras de mellora en camiños de todas as parroquias por importe superior aos 360.000 euros
O Concello de Frades saca a licitación obras de mellora en camiños de todas as parroquias por importe superior aos 360.000 euros
Xoves, 28 Febreiro 2019 00:00

AreaAPresaO Concello de Frades vén de sacar a licitación pública na Plataforma Nacional do Estado as obras incluídas no Plan de Obras e Servizos e Plan Complementario 2018 da Deputación da Coruña, por un valor de 361.112,87 euros. O alcalde de Frades, Roberto Rey, explica que se trata de “obras de mellora de estradas e camiños municipais en todas as parroquias do concello, nas que pretendemos reparalos e anchear varias pistas, para conseguir que cando menos teñan cinco metros de ancho”.


As actuacións licitaranse en catro proxectos. O primeiro deles, denominado “Camiño a Tarrentos (Añá) e outros”, está orzamentado en 97.828,33 euros e inclúe sete actuacións: mellora dos accesos aos Currillos (Vitre), á área recreativa da Presa (Ledoira), ás Quintas (Ledoira), á Capela de San Nicolao (Frades) e á Carballeira (Gafoi), así como mellora dos camiños entre O Fontelo e DP-3802 (Aiazo) e do camiño a Tarrentos (Añá).

 

O segundo proxecto, “Camiño ao Fontao (Abellá) e outros”, conta cun orzamento de 112.451,69 euros e inclúe outras cinco actuacións noutros tantos camiños: accesos ao Fontao (Abellá), camiño de Moar á Pedreira (Moar), camiño de Vista Alegre ao Pazo (Galegos), camiño de Quintán ao cemiterio (Abellá) e camiño de Consello ao Zochal (Papucín).

 

O primeiro dos proxectos do Plan Complementario, “Accesos ao Casal (Vitre) e outros”, está orzamentado en 64.836,02 euros e inclúe cinco actuacións: mellora dos accesos ao Casal (Vitre), accesos á Igrexa de Galegos e ao cemiterio de Añá, así como a reparación de fochas e o arranxo dos camiños O Castro-Cruz de Canedo e da Taberna á Vila, ambos na parroquia de Abellá.

 

O segundo proxecto, “Camiño Igrexa á Devesa (Aiazo) e outros”, está orzamentado en 85.996,93 euros e inclúe melloras en catro camiños: camiño da igrexa á Devesa (Aiazo), camiño entre o local social e a N-634 (Céltigos), camiño entre A Devesa e o límite con Oroso (Aiazo) e o camiño entre San Martiño e San Amaro (Frades).