Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades e a asociación “Só lles falta falar” promoven sesións pedagóxicas con cans no CPI Ponte Carreira
O Concello de Frades e a asociación “Só lles falta falar” promoven sesións pedagóxicas con cans no CPI Ponte Carreira
Luns, 25 Febreiro 2019 00:00

CansFrades2O Concello de Frades, a través da asociación “Só lles falta falar”, vén de poñer en marcha unha nova iniciativa educativa no CPI Ponte Carreira consistente nunhas sesións de innovación pedagóxicas con cans. O concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa, asistiu á primeira sesión e resaltou a grande acollida que tivo tanto entre nenos e nenas como entre o profesorado.


Manuel Ferreiro explica que “o que intentamos é promover a interacción positiva dos nenos e nenas cos animais de compañía, polo que o programa desenvolverase durante todo o curso e adaptarase ás necesidades didácticas e pedagóxicas de cada grupo de idade”. As persoas encargadas de impartir as sesións serán membros da asociación “Só lles falta falar”, que empregarán cans de soporte terapéutico.