Versión en castellano
Inicio Novas Un total de 35 veciños e veciñas participaron no Mes da Saúde do Concello de Frades, con 4 saídas ao Hotel Balneario Compostela (Brión)
Un total de 35 veciños e veciñas participaron no Mes da Saúde do Concello de Frades, con 4 saídas ao Hotel Balneario Compostela (Brión)
Xoves, 28 Marzo 2019 00:00

BalnearioFrades2019Un total de 35 veciños e veciñas participaron durante este mes de marzo no programa “Mes da saúde”, unha iniciativa organizada polo Concello de Frades e que incluíu catro xornadas nas instalacións do Hotel Balneario Compostela (Brión). Os veciños e veciñas desprazáronse a Brión nun autobús que os foi recollendo polas distintas parroquias e que foi posto á súa disposición polo Concello de Frades, que subvencionou o 70% do custo da iniciativa.


Unha vez no balneario do Tremo, as persoas participantes desfrutaron dun circuíto termal que incluíu piscinas de chorros, contracorrentes, jacuzzi, saunas, ducha bitérmica e de aromas, circuíto circulatorio de pernas e unha sala de relax con mármores quentes. Unha rutina que se repetiu durante as catro sesións deste mes de marzo, nas que estiveron acompañados pola concelleira de Servizos Sociais, Ángeles Álvarez.