Versión en castellano
Inicio Novas As dúas Casas Niño de Frades abren o prazo de preinscrición para nenos/as de entre 3 meses e 3 anos empadroados/as no municipio
As dúas Casas Niño de Frades abren o prazo de preinscrición para nenos/as de entre 3 meses e 3 anos empadroados/as no municipio
Venres, 26 Abril 2019 00:00

Os Servizos Sociais do Concello de Frades informan da apertura do prazo de preinscrición nas dúas Casas Niño implantadas no municipio e que ofrecen un servizo gratuíto de atención diúrna para nenos e nenas de entre 3 meses e 3 anos promovido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social.

 

O prazo de solicitude de admisión na Casa Niño Axóuxere, no lugar do Pazo (Galegos), estará aberto ata o vindeiro 15 de maio no 660 836 022. No caso da Casa Niño Xoaniña, na parroquia de Abellá, o prazo de preinscrición estará aberto ata o 22 de maio e pode solicitarse máis información no 627 147 100.

 

Como requisito xeral, os nenos e nenas deberán estar empadroados no Concello de Frades e ter unha idade comprendida entre os 3 meses e os 3 anos, ambos incluídos. O servizo estará dispoñible para atención diúrna, de luns a venres, durante todo o ano. No caso de que haxa unha demanda superior á oferta, a admisión realizarase segundo criterios de renda.