Versión en castellano
Inicio Novas O equipo GafoiAiazo vence no Torneo de Fútbol 7 Concello de Frades 2019
O equipo GafoiAiazo vence no Torneo de Fútbol 7 Concello de Frades 2019
Luns, 12 Agosto 2019 00:00

20190812_futbo7frades 1O equipo GafoiAiazo é o gañador do Torneo de Fútbol 7 do Concello de Frades 2019. Impúxose na final da competición ao conxunto de Veteranos do Ponte Carreira cun resultado de 3-1.

 

O GafoiAiazo acadara a final enfrontándose ao equipo de Moar, ao que vencera por 2-0. Os Veteranos do Ponte Carreira obtiveran a súa praza na final medíndose en semifinais cos Veteranos do Abellá nun partido que rematou con empate a un gol e que se decidiu nos penaltis.

 

Na clasificación final do torneo ao GafoiAiazo e ao Veteranos do Ponte Carreira seguíronlle o Moar, o Veteranos Abellá, o Galegos e o Combinado Frades.

 

Como maior goleador do torneo, disputado en formato maratón no campo municipal en Abellá, foi premiado Rubén Soñora, que marcou catro tantos para o GafoiAiazo. O mellor porteiro, que rematou a competición sen deixar pasar ningún balón, foi Diego Mata, do Veteranos do Ponte Carreira.

 

Os concelleiros Manuel Ferreiro e Juan Carlos Portos encargáronse da entrega de trofeos a todos os participantes. O equipo gañador leva como obsequio unha cea nun restaurante do municipio.