Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades homenaxea á S.E. Abellá S.D.C. Feminino polo seu ascenso á Primeira División
O Concello de Frades homenaxea á S.E. Abellá S.D.C. Feminino polo seu ascenso á Primeira División
Luns, 26 Agosto 2019 10:24
AbellaFemininoO Concello de Frades vén de homenaxear ao equipo do S.E. Abellá Sociedade Deportiva e Cultural Feminino polo seu ascenso á Primeira División e por levar o nome do municipio polos campos de toda Galicia. O alcalde de Frades, Roberto Rey, e os concelleiros de Deportes, Juan Carlos Portos, e de Ensino, Manuel Ferreiro, entregáronlles un agasallo a todas as xogadoras, así como ao seu adestrador Borja Sánchez. Así mesmo, houbo unha mención especial para a capitá e unha das fundadoras do equipo, Vanesa Gómez del Río, que se retira do fútbol federado esta temporada.