Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades celebra unha festa para clausurar os campamentos de verán, nos que participaron unha media de 40 nenos e nenas
O Concello de Frades celebra unha festa para clausurar os campamentos de verán, nos que participaron unha media de 40 nenos e nenas
Martes, 27 Agosto 2019 08:53

ConciliacionFrades2019O Concello de Frades vén de clausurar os seus campamentos municipais de verán para nenos e nenas maiores de 4 anos, que tiveron lugar durante os meses de xullo e agosto no CPI Ponte Carreira e outras instalacións municipais (piscina de Papucín, campo de fútbol de Abellá, multiúsos...). Un programa de conciliación que este ano rexistrou unha media de participación de 40 nenos e nenas, xa que as familias podían optar por inscribir á rapazada por quincenas ou campamento completo.


O concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro, asistiu á festa de clausura dos campamentos, celebrada no polideportivo municipal de Ponte Carreira. Ademais de entregar os diplomas de participación, todos os nenos e nenas desfrutaron dunha xornada de xogos con inchables e un obradoiro de maquillaxe. Estes campamentos municipais de verán están organizados polo Concello de Frades, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e do Xacobeo 2021.