Versión en castellano
Inicio Novas Unha ducia de veciñas de Frades participan na segunda edición do curso gratuíto de manexo de móbiles e tabletas
Unha ducia de veciñas de Frades participan na segunda edición do curso gratuíto de manexo de móbiles e tabletas
Xoves, 05 Setembro 2019 00:00
ManexoTabletsUnha ducia de veciñas de Frades participan estes días na segunda edición do curso gratuíto de manexo de móbiles e tabletas organizado polo Concello de Frades e a ONG Mestura. Un curso que terá lugar durante os martes deste mes de setembro no multiúsos de Frades. A iniciativa forma parte do Programa Neneiras 2018-2019, financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade e cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo 2014-2020, e que busca promover a igualdade e a integración social das mulleres do rural.