Versión en castellano
Inicio Novas Quince veciños de Frades participan nun curso gratuíto de prevención de riscos laborais no manexo de motoserras
Quince veciños de Frades participan nun curso gratuíto de prevención de riscos laborais no manexo de motoserras
Venres, 25 Outubro 2019 00:00

CursoMotoserraFradesQuince veciños de Frades participaron esta semana nun curso gratuíto de prevención de riscos laborais no manexo de motoserra, organizado polo ISSGA, en colaboración co Concello de Frades, e impartido por Conforma Forestal. Un obradoiro de 20 horas de duración cuxa parte teórica se impartiu no multiúsos de Frades mentres que a práctica tivo lugar nunha leira municipal.

 

O concelleiro de Medio Rural, Manuel Ferreiro, destaca que “o obxectivo deste curso é proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos laborais inherentes ás actividades que desenvolven. Queremos fomentar tanto a adquisición de habilidades como dunha cultura preventiva que axude a diminuír os accidentes laborais na actividade forestal, agraria e xardinería”.