Versión en castellano
Inicio Novas O Día do Deporte reuníu en Frades a sesenta rapaces
O Día do Deporte reuníu en Frades a sesenta rapaces
Mércores, 01 Xullo 2009 00:00

Os rapaces fixeron unha exhibición de fútbol sala, mini basket, tenis de mesa, tico con arco e xockei


Día do DeporteUn total de 60 rapaces e rapazas participaron no Día do Deporte, organizado polo Concello de Frades no pavillón municipal e no Colexio Público de Ponte Carreira. A celebración, que servíu como acto de clausura do curso 2008-2009 das escolas deportivas municipais, incluíu unha exhibición de fútbol sala, mini basket 3x3, tenis de mesa, tiro con arco e xockei.

 

O alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño, fixo entrega dunha medalla a todos os participantes nesta festa, celebrada esta fin de semana, e que rematou cun xantar gratuito para todos os presentes e o reparto de refrescos e golosinas entre os pequenos.