Versión en castellano
Inicio Novas Corenta e cinco rapaces asistiron ao partido entre o Deportivo e o Sevilla
Corenta e cinco rapaces asistiron ao partido entre o Deportivo e o Sevilla
Xoves, 22 Outubro 2009 09:02

Un total de 45 rapaces e rapazas, de entre os 7 e os 18 anos, asistiron esta fin de semana ao partido de fútbol disputado en Riazor entre o R.C. Deportivo de A Coruña e o Sevilla, que rematou coa victoria coruñesa por un tanto a cero. Unha visita na que os rapaces estiveron acompañados polo técnico de deportes fradense, Lino Espiñeri.

Esta viaxe foi posible gracias ao convenio que o Concello de Frades ten co RC Deportivo de A Coruña, e que permitiu a asistencia a varios encontros durante toda a temporada. A última desas visitas tivo lugar o pasado mes de maio, co gallo do último partido da tempada pasada entre o Dépor e o FC Barcelona, que acabou con empate a un gol.