Versión en castellano
Inicio Novas Frades pídelle á Deputación sendas peonís para as estradas Ordes-Ponte Carreira e Frades-Sigüeiro
Frades pídelle á Deputación sendas peonís para as estradas Ordes-Ponte Carreira e Frades-Sigüeiro
Mércores, 28 Outubro 2009 21:10

O Concello de Frades vén de solicitarlle á Deputación Provincial da Coruña a inclusión de Frades no próximo Programa de Seguridade Vial. O alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño, explica que “a nosa intención é que se constrúan sendas peonís nas estradas CP-3801, que une Frades con Sigüeiro, e CP-3802, entre Ponte Carreira e Ordes, xa que son dúas estradas moi transitadas e consideramos que mellorarán a seguridade viaria dos veciños e veciñas de Frades”.

 

Unha decisión que foi tomada pola Comisión de Goberno do Concello de Frades, logo dun informe da Alcaldía, e que foi remitida tanto ao presidente provincial, Salvador Fernández Moreda, como ao deputado delegado de Obras, Bernardino Rama. “Esperamos que a nosa petición sexa tida en conta nos próximos orzamentos da Deputación da Coruña xa que consideramos que é de xustiza, ao tratarse de dous viais responsabilidade da Deputación Provincial e moi importantes para Frades, pois uns case cruza todo o municipio e o outro nos enlaza con Sigüeiro e Santiago”, explica Miguel Prado.