Versión en castellano
Inicio Novas Miguel Prado asina co conselleiro do Medio Rural un convenio para investir 89.950 euros en Frades
Miguel Prado asina co conselleiro do Medio Rural un convenio para investir 89.950 euros en Frades
Mércores, 04 Novembro 2009 14:38

O alcalde de Frades, Miguel Prado, asinou esta mañá co conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez Casado, un convenio de colaboración que suporá un investimento de 89.950 euros en Frades a cargo dos Proxectos Estratétxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM 2009-2010). Frades foi un dos catorce concellos que gozarán deste investimento e o seu alcalde participou esta mañá no acto de sinatura do convenio, celebrado en San Caetano.

 

Eses 89.950 euros serán investidos en obras de mellora nas estradas de Ordes a Ponte Carreira (CP-3802), á altura da igrexa de Aiazo, en Fontelo e en Devesa; así mesmo, mellorarase tamén a estrada de Ordes a Lanzá (AC-524) en Maquía e Abellá. Ademais, tamén está previsto o acondicionamento dunha pista agrícola en Mesós e do entorno da praza de Ponte Carreira. Miguel Prado agradeceulle ao conselleiro do Medio Rural "estes investimentos tan importantes para Frades, máxime cando sabemos que se trata dun ano orzamentariamente complicado".

 

A sinatura deste convenio é froito dunha entrevista mantida por Miguel Prado con Samuel Juárez o pasado mes de maio. "Daquela o conselleiro amosara o máximo interese nos plantexamentos e nos investimentos que lle plantexamos para Frades e dixera que agardba que os investimentos puideran acometerse a finais de 2009", explica Prado Patiño, "hoxe vemos que cumpriu o seu compromiso cos veciños e veciñas de Frades".

 

 

Os PEIM Rural 2009-2010 son uns proxectos nos que colaboran o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e a Consellería do Medio Rural co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural e establecer un marco xeral de cooperación onde se definan as liñas xerais de colaboración técnica e financeira en materia de infraestructuras rurais. O seu obxectivo fundamental é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais de Galicia.