Versión en castellano
Inicio Novas Miguel Prado inaugura o remodelado local social de Mesos
Miguel Prado inaugura o remodelado local social de Mesos
Mércores, 20 Xaneiro 2010 10:17

localmesosO alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño, e o concelleiro de Feiras e Medio Ambiente, Manuel Ferreiro Marzoa, inauguraron o remodelado local social da parroquia de Mesos. Un acto ao que acudiron case que todos os veciños e veciñas desta parroquia fradense, que puideron comprobar por si mesmos a profunda remodelación á que se someteu o local social nos últimos meses.

 

 

Unha remodelación que mellorou tanto o aspecto exterior coma o interior do local. Así, os traballadores municipais instalaron unha nova cuberta no inmoble, ao que dotaron tamén de novas instalacións de electricidade e fontanería, así como dun novo cuarto de baño. As obras incluíron tamén o pintado interior e exterior do inmoble.

 

Así mesmo, dotouse ao local de novo mobiliario (mesas e sillas), televisión e catro máquinas para que os veciños poidan facer ximnasia, entre os que se inclúen as cintas-andadoras e as bicicletas estáticas. “A nosa intención é ir dotando aos distintos locais sociais das parroquias deste tipo de aparatos de ximnasia, pois a sabemos que a súa utilización será moi beneficiosa para a saúde dos nosos veciños, especialmente dos máis maiores”, sinala Miguel Prado.

 

localmesos2