Versión en castellano
Inicio Novas Miguel Prado inaugura o remodelado centro de ocio de Moar, que en breve terá acceso á Internet
Miguel Prado inaugura o remodelado centro de ocio de Moar, que en breve terá acceso á Internet
Luns, 15 Marzo 2010 19:21

localmoarOs veciños e veciñas da parroquia de Moar (Frades) disfrutan dende esta fin de semana dun remodelado centro de ocio, que foi rehabilitado nos últimos meses polo Concello de Frades. Unha remozada infraestrutura que foi inaugurada esta fin de semana polo alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño; o concelleiro de Parques e Xardíns, José Antonio Mosquera; e o presidente da Asociación de Veciños de Moar, José Manuel Rodríguez. Un acto ao que acudiron numerosos veciños e veciñas desta parroquia fradense, que puideron comprobar a profunda mellora á que se someteu o seu local social nos últimos meses. 

 

 Unha remodelación que mellorou tanto o aspecto exterior coma interior do inmoble. Unha obras que supuxeron a reparación da cuberta do edificio, a instalación de novos canalóns e o pintado exterior do local social. Un pintado exterior que o Concello de Frades levou tamén ás instalacións anexas ao centro de ocio, como o palco da música e o inmoble utilizado como cantina nas festas parroquiais. 

 

Así mesmo, o Concello de Frades dotou ao local de novo mobiliario (mesas e sillas), televisión e máquinas para que os veciños poidan facer ximnasia, entre os que se inclúen as cintas-andadoras e as bicicletas estáticas. A maiores, Miguel Prado anuncia que “ademais destes aparatos de ximnasia, que sabemos que son beneficiosos para a saúde dos nosos veciños e que por iso os estamos a levar a todas as parroquias, tamén temos a intención de instalar no centro de ocio de Moar un ordenador con acceso á Internet, que estará ao servizo dos veciños desta parroquia”.

 

localmoar2