Versión en castellano
Inicio Novas O Concello de Frades organiza cinco viaxes de balde para os seus veciños á praia de Barraña
O Concello de Frades organiza cinco viaxes de balde para os seus veciños á praia de Barraña
Luns, 06 Xullo 2009 00:00
O Concello porá transporte gratuito para todos os participantes, que recollerá aos veciños nas distintas parroquias do municipio.

 

O Concello de Frades organiza cinco viaxes á praia de Barraña (Boiro). Unhas viaxes totalmente de balde para os veciños e veciñas de Frades e que terán lugar os xoves 16, 23 e 30 de xullo, así como os xoves 6 e 13 de agosto. As persoas que desexen participar deberán anotarse previamente no Concello de Frades, ou chamando ao 981 695 567, cunha antelación de dous días previos a cada excursión.

Para facilitar a participación do maior número de persoas, independentemente da súa idade ou lugar de residencia, o Concello de Frades subvencionará un transporte gratuito para todos os veciños e veciñas que os recollerá polas parroquias. Así, o autobús sairá ás 10:00 horas da Grabanxa e fará paradas en: Vista Alegre (Galegos), Cardamo (Moar), na estrada de Aiazo, A Coviña (Ponte Carreira), Campoduro (Céltigos), O Campo (Vitre), Igrexa de Papucín e Igrexa de Abellá. A saída será ás 10:00 horas e a volta ás 19:00 horas.

Poderán participar veciños e veciñas de Frades de todas as idades, se ben os menores deberán ir acompañados por un adulto. O Concello de Frades subvencionará o transporte, se ben a comida correrá a cargo de cada veciño, que pode optar por levar a comida da casa ou xantar nun restaurante.