Versión en castellano
Inicio O Concello Parroquias Abellá (Santo Estevo)
Abellá (Santo Estevo)

Parroquia de Abellá, concello de Frades

A parroquia de Abellá está composta polas aldeas de Ansemonde, O Ar, O Barreiro, O Cabezo, Canedo, O Carballal, O Castro, Chamuín, A Cheda e Corralvello.

Arquitectura popular

Pazo do Peñasco.
É unha construción orixinal do século XVII de Pedro Vázquez situada no límite co concello de Ordes, que actualmente é unha propiedade privada non visitable. Ten planta rectangular con dous corpos de planta baixa acaroados lateralmente e alintelados ao principal, formando o patio de entrada. Na parte posterior sitúase o xardín, que logo se ensancha dando lugar a unha grande extensión dedicada a labradíos e árbores froiteiras, onde se atopa a casa dos colonos.

Cruceiro de Santo Estevo de Abellá
Está realizado en granito branco, con formas medievais e capitel toscano.

Igrexa parroquial de Santo Estevo de Abellá.
Foi construída en cemento en 1971 e con cuberta a dúas augas. A fachada ten unha porta e un óculo.

Festividades e santuarios

Santo Estevo, 26 e 27 de decembro.
Festa do Carme, domingo máis próximo ao 16 de xullo.