Versión en castellano
Inicio O Concello Parroquias Aiazo (San Pedro)
Aiazo (San Pedro)

Parroquia de Aiazo, concello de Frades

Parroquia composta polas aldeas do Casal, A Devesa, Fonsá, O Fontelo, A Igrexa e A Torre.

Arquitectura popular

Igrexa parroquial de San Pedro de Aiazo.
É de planta rectangular, cuberta a dúas augas e fachada de granito, rematada por un campanario e varios pináculos.

Ponte Liñares.
Sitúase sobre o leito do río Maruzo.

Dolmen de Aiazo.
É de construción neolítica. Está composto de cinco grandes pedras talladas aliñadas.

Festividades e santuarios

Festa de San Pedro, 29 de xuño.
Festa da Merenda, 27 de febreiro.