Versión en castellano
Inicio O Concello Parroquias Céltigos (San Xulián)
Céltigos (San Xulián)

Parroquia de Céltigos, concello de Frades

Parroquia formada polas aldeas de Aboi, Alemparte, Alto de Aboi, Campoduro, A Igrexa, O Ulló e O Vilar.

Arquitectura popular

Igrexa parroquial de San Xulián de Céltigos.
De planta lonxitudinal, foi construída no século X. A fachada, de forma pentagonal, é de granito e está coroada por pináculos. Dispón dun campanario. No seu interior gárdase unha inscrición referente á fundación e consagración da basílica.

Cruceiro de San Xulián de Céltigos.
É de granito branco e capitel xónico. A cruz posúe as imaxes de Cristo crucificado e, no reverso, da Virxe.

Igrexa de Augas Santas.
É de planta é lonxitudinal en forma de T e cuberta a dúas augas. Ten muros encalados agás os arcos e o zócolo, ambos os dous de pedra.

Festividades e santuarios

San Xulián, 7 e 8 de xaneiro.
Augas Santas, o segundo domingo de setembro.