Versión en castellano
Inicio O Concello Parroquias Gafoi (Santa Mariña)
Gafoi (Santa Mariña)

Parroquia de Gafoi, concello de Frades

Composta polas aldeas do Alto, A carballeira, Os Currás, A Igrexa, As Lapelas, Ponte Carreira, O Raselo, Sibío e O Vilar.

Arquitectura popular

Igrexa parroquial de Santa Mariña de Gafoi.
É de planta rectangular e cuberta a dúas augas. A fachada ten unha portada románica e está ornamentada con aletóns e pináculos. O campanario está coroado por unha cruz de bronce.

Cruceiro de Santa Mariña de Gafoi.
Realizado en granito e formigón, trátase dun cruceiro de “cruz”. Posúe cruz octogonal cun Cristo de mármore acaroado, capitel cuadrangular, fuste octogonal que comeza e remata cadrado, base cúbica e plataforma de formigón.

Área recreativa de Ponte Carreira.
Área de recreo situada nun ámbito fluvial á beira do río Tambre.

Festividades e santuarios

Santa Mariña, 18 e 19 de xullo.
O Rosario, segundo domingo de outubro.
Feira do Campo e Festa do Leite Frito. Feira anual que se celebra o segundo domingo de xuño durante todo o día, onde se instalan postos para a venda de produtos, maioritariamente produtos do campo, hortalizas, patacas, queixo, pan, etc., e para a degustación de leite frito.
Feira de Ponte Carreira. Mercado que se celebra os días 12 e 26 de cada mes pola mañá. É unha feira típica na que se instalan postos para a venda de diversos artigos, destacando os produtos da horta, a roupa e o calzado. O visitante tamén pode atopar obxectos de bixutaría, plantas e produtos alimentarios.