Versión en castellano
Inicio O Concello Parroquias Galegos (San Martiño)
Galegos (San Martiño)

Parroquia de Galegos, concello de Frades

Composta polas aldeas do Barreiro, O Castro, O Outeiro, O Paxarón, O Pazo, A Ponte e Reboredo.

Arquitectura popular

Pazo de Galegos
Está situado en San Martiño de Galegos, a pouca distancia da estrada de Ordes a Ponte Carreira e actualmente atópase ocupado por unha comunidade relixiosa. Trátase dunha propiedade privada non visitable. A casa é de planta rectangular e de grandes proporcións.

Cruceiro de San Martiño de Galegos.
É de granito. Posúe unha cruz octogonal de remates florenzados, capitel cuadrangular, fuste octogonal que comeza e remata cadrado, con base cúbica de cachotaría; a plataforma é cuadrangular.

Igrexa parroquial de San Martiño de Galegos.
É de planta rectangular. A fachada está pintada de azul e branco e posúe un dobre campanario coroado por unha cruz.

Festividades e santuarios
San Martiño, 11 e 12 de novembro.
O Carme, 25 de xullo.