Versión en castellano
Inicio O Concello Parroquias Moar (Santaia)
Moar (Santaia)

Parroquia de Moar, concello de Frades

Composta polas aldeas do Barazón, O Campo, Canal, Castiñeiro Redondo, Cornes, As Corredoiras, Fonte Santaia, A Fraga, Freixomil, A Garabanxa, A Igrexa, Moar, A Pedreira de Baixo, A Pedreira de Riba, A Pedreira do Medio, Queirís, O Seixo, Vilarello e Vista Alegre.

Arquitectura popular

Igrexa parroquial de Santaia de Moar.
Posúe muros encalados con cuberta a dúas augas, fachada granítica, de forma rectangular, rematada por un pináculo. Ten un esvelto campanario.

Cruceiro de Santa Aia de Moar.
Realizado en formigón. Posúe unha cruz circular, leñosa, coas imaxes de Cristo crucificado e, no reverso, da Virxe en actitude de orar. É de capitel cuadrangular, fuste octogonal que comeza e remata cadrado, base cúbica coa inscrición “...1923...” e plataforma cuadrangular.

Capela de San Roque.
É de planta rectangular e cuberta a dúas e catro augas. A fachada caracterízase pola súa asimetría barroca. Á dereita desta pégase o campanario.

Festividades e santuarios

Santa Eulalia, 10 e 11 de decembro.
O Carme, 16 de xullo.
San Roque, 4 de setembro.