Versión en castellano
Inicio O Concello Parroquias Papucín (Santa María)
Papucín (Santa María)

Parroquia de Papucín, concello de Frades

Composta polas aldeas da Baiuca, O Carballal, Consello, A Figueira, A Igrexa, O Monte, Mostás, O Outeiro, O Pomariño, O Prado, Quintá, Tarrío, Vimieiro e O Zochal.

Arquitectura popular

Cruceiro de Santa María de Papucín.
Realizado en granito. Posúe cruz cuadrangular de brazos con chafráns, coas imaxes de Cristo crucificado e, no reverso, da Virxe co Neno. É de capitel cuadrangular, fuste cadrado con chafráns e coa imaxe de Santo Antonio de Padua, base cuadrangular que remata en chafráns e plataforma cuadrangular de tres graos.

Igrexa parroquial de Santa María de Papucín.
É de planta de cruz latina. Muros pétreos de granito e fachada coroada por un dobre campanario e un remate curvilíneo.

Festividades e santuarios

Santa María, 15 e 16 de agosto.
Santa Cruz, 3 de maio.