Menú
| Saúdo do alcalde |
|
|
|
|
Pinche en la foto para ver pantalla completa.
Estimados veciños e veciñas: Como alcalde de Frades, quérovos dar a benvida a esta páxina web, que nace con dous obxectivos primordiais: por unha parte ser un punto máis de información e de encontro para todos os veciños e veciñas do concello e, por outra, ser unha porta aberta para todos aqueles que desde a distancia queiran saber máis da nosa historia, cultura, parroquias e aldeas, natureza, e tamén do noso día a día. A través das diferentes xanelas que vaiades visitando, poderedes descubrir un concello que se esforza por lles dar aos seus veciños e visitantes os mellores servizos, un lugar de natureza privilexiada e habitado por xentes de carácter aberto e xeneroso. Nesta páxina atoparedes toda a información que precisedes para estar ao día do que acontece no municipio. Ademais, e pensando no futuro, utilizaremos esas novas tecnoloxías para vos facilitar o máximo posible aquelas xestións que teñades que facer co Concello, coa idea posta nunha futura tramitación máis áxil e eficaz a través da Internet. O noso propósito é que esta sexa unha páxina con vida, e por iso podedes, se así o desexades, expresar as vosas inquedanzas e opinións. Isto e moito máis poderedes descubrir nesta nova páxina que a partir de agora estará ao voso servizo, esperando que vos sexa útil. Pola nosa parte trataremos de manter un sitio web dinámico e vivo, mellorando progresivamente, de maneira que reflicta o Frades do século XXI. Benvidos/as. As nosas portas están abertas.
Jesús Miguel Prado Patiño |



