Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
A S.E. Abellá gaña a primeira edición do Trofeo Concello de Frades
Mércores, 28 Agosto 2019 10:05
TorneoConcellodeFradesA S.E. Abellá levouse a primeira edición do Trofeo Concello de Frades de fútbol, disputada o pasado domingo no campo municipal da Chousa, tras derrotar aos locais da SD Ponte Carreira por un contundente 3-0. Un torneo que tivo lugar por primeira vez e que reuniu aos dous equipos federados do municipio. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Deportes, Juan Carlos Portos Bra, foron os encargados de entregar os trofeos para os dous conxuntos.
 
O Concello de Frades celebra unha festa para clausurar os campamentos de verán, nos que participaron unha media de 40 nenos e nenas
Martes, 27 Agosto 2019 08:53

ConciliacionFrades2019O Concello de Frades vén de clausurar os seus campamentos municipais de verán para nenos e nenas maiores de 4 anos, que tiveron lugar durante os meses de xullo e agosto no CPI Ponte Carreira e outras instalacións municipais (piscina de Papucín, campo de fútbol de Abellá, multiúsos...). Un programa de conciliación que este ano rexistrou unha media de participación de 40 nenos e nenas, xa que as familias podían optar por inscribir á rapazada por quincenas ou campamento completo.

Ler máis...
 
O Concello de Frades homenaxea á S.E. Abellá S.D.C. Feminino polo seu ascenso á Primeira División
Luns, 26 Agosto 2019 10:24
AbellaFemininoO Concello de Frades vén de homenaxear ao equipo do S.E. Abellá Sociedade Deportiva e Cultural Feminino polo seu ascenso á Primeira División e por levar o nome do municipio polos campos de toda Galicia. O alcalde de Frades, Roberto Rey, e os concelleiros de Deportes, Juan Carlos Portos, e de Ensino, Manuel Ferreiro, entregáronlles un agasallo a todas as xogadoras, así como ao seu adestrador Borja Sánchez. Así mesmo, houbo unha mención especial para a capitá e unha das fundadoras do equipo, Vanesa Gómez del Río, que se retira do fútbol federado esta temporada.
 
O Concello de Frades asfalta os accesos á área recreativa da Presa (Ledoira)
Xoves, 18 Xullo 2019 00:00

O Concello de Frades vén de acondicionar os accesos á área recreativa da Presa, na parroquia de Ledoira), un tramo de setecentos metros de longo e 4 de ancho nos que investiu preto de 11.000 euros. Os traballos consistiron na reparación das fochancas deste viario para a posterior mellora da capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma.

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL