Dende o departamento de urbanismo tense acceso ós datos de información catastral do Concello de Frades. 

Os servicios que poden solicita os veciños dende o PIC son os seguintes:

  • Consulta libre dos datos non protexidos (todos salvo titularidade e valor) sobre os bens inmobles incorporados á base de datos nacional do catastro, así como a certificación electrónica dos mesmos.
  • Servicio de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais dos datos protexidos, relativos ós bens inmobles da súa titularidade.
  • Certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral de bens inmobles inscritos na base de datos nacional do catastro.

A solicitude fará constar a identidade do solicitante e a información requirida. A solicitude conten, ademais, a correspondente autorización ao Concello para acceder aos seus datos dende o Punto de Información Catastral. Xunto coa solicitude debe presentarse a documentación acreditativa da representación ou a autorización coa que se actúe, cuxa validez e eficacia será constatada pola persoa responsable do servizo.