Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
O Concello de Frades inviste 30.000 euros na habilitación dun patio interior e en renovar o teito do comedor do CPI Ponte Carreira
Xoves, 13 Setembro 2018 00:00

PatioFradesAHORAO Concello de Frades vén de investir 30.000 euros de fondos propios na realización de diversas obras de mellora nas instalacións do CPI de Ponte Carreira. Unhas obras realizadas durante o verán e que contaron coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Ler máis...
 
Sesenta veciños e veciñas de Frades participaron nunha viaxe á Illa de Cortegada
Luns, 17 Setembro 2018 00:00

IMG-20180916-WA0001Sesenta veciños e veciñas de Frades participaron esta fin de semana nunha viaxe á Illa de Cortegada (Pontevedra) organizada polo Concello de Frades. Unha iniciativa na que cada participante escolleu como chegar á illa: os/as máis atrevidos/as optaron por ir e volver en kaiak, mentres que o resto o fixo en barco, realizando ambos grupos unha visita guiada por toda a illa de Cortegada.

Ler máis...
 
O Concello de Frades e a ONG Mestura organizan unha charla gratuíta sobre alzhéimer
Venres, 07 Setembro 2018 14:12

cartel-alzheimer-20s18O Concello de Frades e a ONG Mestura organizan unha charla sobre alzhéimer, que terá lugar o próximo xoves 20 de setembro, ás 16:30 horas, no multiúsos de Frades. Unha iniciativa financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e da Unión Europea a través do Fondo Social Europeo, polo que o acceso das persoas interesadas será totalmente de balde, sempre que se anoten previamente no Concello de Frades (981 695 567) ou na ONG Mestura (981 662 840).

Ler máis...
 
Un total de 51 persoas participaron nos cursos de natación e na primeira edición de ximnasia na auga do Concello de Frades
Luns, 03 Setembro 2018 19:27

CursosNatacionFradesUn total de 39 persoas, dez adultas e 29 nenos e nenas, participaron este verán nos cursos de natación organizados polo Concello de Frades. Unhas clases que tiveron lugar ao longo dos dous últimos meses nas instalacións da piscina municipal de Frades, na parroquia de Papucín, que pechará mañá martes as súas portas. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Deportes, Miguel Prado Cea, foron os encargados de entregar os correspondentes diplomas acreditativos ás persoas participantes.

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL