Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
Javier Méndez e Pedro Vieites repiten vitoria no Campionato de Pádel do Concello de Frades
Martes, 28 Agosto 2018 00:00

FinalistaseCampionsFradesJavier Méndez e Pedro Vieites proclamáronse campións da décima edición do Campionato de Pádel do Concello de Frades, que tivo lugar esta fin de semana na pista municipal de Frades e no que participaron cinco parellas de xogadores. Méndez e Vieites reeditan deste xeito o seu triunfo da edición de 2017.

Ler máis...
 
Máis de sesenta veciños e veciñas participan no Día da Bicicleta do Concello de Frades
Luns, 27 Agosto 2018 00:00

_1DiaBicicletaFradesMáis de sesenta veciños e veciñas participaron no Día da Bicicleta do Concello de Frades, que tivo lugar esta pasada fin de semana. As persoas participantes tiveron ocasión de percorrer dous itinerarios diferentes, adaptados ás súas idades: un de 13 quilómetros de lonxitude para persoas maiores de 8 anos e outro de 3,5 quilómetros para os nenos e as nenas.

Ler máis...
 
A XXI Ruta de Sendeirismo de Os Pasos de Aiazo reuniu a un cento de participantes
Martes, 14 Agosto 2018 11:10

SendeirismoAiazoPreto de cen persoas de todas as idades participaron esta fin de semana na XXI Ruta de Sendeirismo de Os Pasos de Aiazo, unha iniciativa gratuíta organizada pola asociación de veciños Os Pasos en colaboración co Concello de Frades. Unha andaina matutina que este ano partiu do local social de Aiazo e pasou pola capela de San Roque de Moar, a Casa do Concello de Frades, a ponte Lagas en Reirís, o muíño das Mestas (Aiazo) e rematou na área recreativa dos Pasos de Aiazo.

Ler máis...
 
Clausurado o obradoiro de emprego Ordes-Frades II, que formou profesionalmente a 20 persoas nos últimos nove meses
Luns, 13 Agosto 2018 17:40

clausuraobradoiroOrdes-FradesIIA secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, e os alcaldes de Ordes e Frades, José Luis Martínez Sanjurjo e Roberto Rey Martínez, clausuraron esta mañá o obradoiro de emprego Ordes-Frades II, que formou a vinte persoas durante os últimos nove meses. O acto co cadro directivo, alumnado, profesorado e persoal administrativo tivo lugar na estación da Pontraga (Ordes).

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL