Versión en castellano
Inicio Novas
Novas
Últimos días para anotarse en Frades á charla “Consumo na rede”, sobre os riscos nas redes sociais, compras en Internet e xogos en liña
Luns, 05 Novembro 2018 00:00

O Concello de Frades e a Escola Galega de Consumo organizan a charla “Consumo na rede: hábitos, actitudes e comportamentos”, que terá lugar o venres 16 de novembro ás 17:00 horas no multiúsos de Frades. Unha charla de asistencia totalmente gratuíta, se ben é preciso anotarse previamente no Concello de Frades ou no 981 695 567 antes deste venres 9 de novembro.

Ler máis...
 
Cincuenta veciños e veciñas de Frades percorreron a segunda etapa do Camiño de Fisterra, de Negreira a Olveiroa
Luns, 29 Outubro 2018 18:16

FradesNegreiraUn grupo de 50 veciños e veciñas de Frades participaron este sábado na segunda das catro etapas do Camiño de Santiago a Fisterra, percorrendo os 33,4 quilómetros que separaban Negreira de Olveiroa. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, acompañou ás persoas participantes e anunciou que a terceira etapa, Olveiroa-Cee, de 19,5 quilómetros, terá lugar o sábado 1 de decembro.

Ler máis...
 
Comeza en Frades a segunda edición do curso de confección e patronaxe
Martes, 23 Outubro 2018 00:00
CosturaFradesUnha ducia de veciñas de Frades veñen de iniciar un curso de costura, no que adquirirán coñecementos básicos sobre as diversas técnicas de confección e patronaxe. Un curso de nove meses de duración e que dá continuidade ao que tivo lugar o pasado mes de xullo. As sesións terán lugar todos os xoves, en horario de tarde, no multiúsos de Frades. O curso está incluído no programa de actividades do Concello de Frades para este outono-inverno.
 
O Concello de Frades organiza un curso gratuíto de defensa persoal para mulleres
Martes, 16 Outubro 2018 13:46

cursodefensamulleresfradesO Concello de Frades e a Secretaría Xeral da Igualdade organizan un curso gratuíto de defensa persoal e autocapacidades para mulleres, unha iniciativa de adestramento físico e psíquico que será impartida por monitores especialistas en defensa persoal da Federación Galega de Loita. A participación está aberta ás mulleres do municipio que o desexen, sempre que se anoten no Concello de Frades (981 695 567) antes do 8 de novembro.

Ler máis...
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL